Esta fin de semana, un grupo de oito centauros chironianos desembarcaron
en Santiago de Compostela, dispostos a dar un curso titulado
"Chiron: clásicas 2.0 na aula", organizado pola
sección de Galicia da SEEC (Sociedad Española de Estudios Clásicos)
, dentro dos programas de formación do profesorado da
Universidade de Santiago. Podedes ver a crónica da experiencia no blog
Doceo et Disco e en
Voces griegas e tamen
fotos do evento. Os meus parabéns a
Álvaro, verdadeira referencia dos clásicos galegos na rede, pola organización e a paixón que pon neste eido.
Pola miña parte tiven o pracer de coñecer a centauros que aínda non coñecía e ver cómo o grupo se crece ante as dificultades. Agradecer tamen a paciencia dos profesores ante as dificultades técnicas e animalos a emprender esta nova vía.
O meu desexo, e o de todo Chiron, é que comencen a aflorar blogs, wikis e aulas virtuais nos nosos lares, pouco a pouco pero sen pausa.
Como di a centauresa Ana:
compartir é multiplicar e en Galicia seguro que temos moito que compartir e quizáis non coñeciamos os medios para facelo.
Como se comentou no curso, en Galicia temos moito por facer e o terreo é practicamente virxe: blogs de profesores, de alumno, de aula; entradas na galipedia; aulas virtuais...
Boa sorte aos participantes na fase virtual e moitos ánimos. Confío en que pronto se verán os froitos.